maio, 2022

Detalles do Evento

‘Del silencio a la emoción’ é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo a participación do público e a súa aproximación á orquestra.

Neste concerto, un grupo de persoas comparten escenario coa propia agrupación, podendo vivir unha experiencia única. Sacaremos á luz a incrible música de cámara dos grandes compositores, obras que están no esquecemento da programación das grandes producións e que son a esencia da música.

Concerto enmarcado na iniciativa Cultura por Alimentos.

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com


PROGRAMA

ERMANNO WOLF-FERRARI (1876-1948)
Sinfonía de cámara para corda e ventos

I.       Allegro moderato
II.     Adagio
III.   Vivace con spirito
IV.   Finale. Adagio – Allegro moderato
 
JEAN FRANÇAIS (1912-1997)
Dixtour
I.      Larghetto tranquilo – Allegro
II.    Andante
III.   Scherzando
IV.   Allegro moderato

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Auditorio Sede AfundaciónRúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!