xaneiro, 2022

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza varias visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega. Esta actividade realizase ao longo de todo o ano.

Os percorridos están deseñados para:

  • Ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade.
  • Recuperar e difundir a memoria histórica da lingua en Pontevedra inserida no contorno xeral da historia da lingua galega.
  • Dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Todos os colectivos que o soliciten poden acceder ás Camiñadas con Castelao, Camiñadas con María Victoria Moreno, Roteiro Xoán Manuel Pintos, Roteiro Sarmiento e para a cativada poden percorrer Pontevedra no roteiro infantil, que os levará polas prazas e rúas de Pontevedra coñecendo a través de xogos e historias a pegada que a lingua deixou nela na nosa cidade.

Inscríbete en apuntate.pontevedra.gal

Hora

Durante todo o ano (2022)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!