outubro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado no programa Domingos do Principal, a compañía Migallas Teatro (Galiza) porá en escena ‘Camiño de historias’, un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos.

En cada unha das historias o público ten que atopar unha palabra, que é a esencia desa historia, e que xunto coas outras dúas, constitúe unha ‘fórmula’ para que as persoas sexan felices.

Tamén se destaca a grande utilidade do galego para facilitar a comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués de todos os continentes (de Portugal, do Brasil, de Angola, de Mozambique de Timor Leste…)

Cada relato é tratado dun xeito diferente. Así pois, nun prima a palabra, noutro, as imaxes e noutro recupérase a arte das contadoras e contadores ambulantes das feiras de antano.

Teatro de actor e monicreques recomendado para todos os públicos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!