© Museo de Pontevedra

'Camiños. O Camiño e as Artes', exposición en Pontevedra

xov27xanConsultarlun21mar'Camiños. O Camiño e as Artes', exposición en PontevedraXI edición das exposicións ‘Camiños’(Consultar) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Camiños. O Camiño e as Artes’ é o título da mostra colectiva e multidisciplinar que reúne no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra as manifestacións culturais do Camiño Portugués a Santiago a través das obras de máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal.

A mostra, que poderá ser visitada ata o 21 de marzo, e que é a décimoprimeira edición das exposicións ‘Camiños’, caracterízase por unha concepción “ampla e participativa da cultura, na que as xentes do  Camiño poden realizar e participar en manifestación culturais como axentes activos, contando con artistas profesionais e afeccionados abarcando labores de distintos ámbitos creativos que se realizan ao pé do Camiño Portugués”.

Nesta ocasión no edificio Sarmiento pódense contemplar obras de representantes da pintura luso-galaica como Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader, ou Rafael Úbeda, pintor e músico. Tamén haberá unha parte de escultura a cargo de Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; outro apartado de artesanía no que haberá pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesá Joaquim Esteves.

No proxecto, a creación musical tamén ten o seu protagonismo con iniciativas e actuacións da cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, e a vocalista Noelia Solleiro e o bailarín Glau Fonseca no día de mañá. A escrita será outra das artes incluídas na mostra, a cargo da escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo. Seguirá outro apartado visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

A exposición está comisariada por Celestino Lores, responsable da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, entidade que dende a súa creación en 1993 pretende traballar en pro da revitalización impulsión e recuperación e promoción dos Camiños Portugueses a Santiago. Dende 2010 a asociación leva a cabo a exposición internacional ‘Camiños’ co obxecto de espallar os distintos aspectos paisaxísticos, culturais, turísticos e gastronómicos por diferentes lugares de Galicia e Portugal no Camiño Portugués a Santiago.

Hora

Xaneiro 27 (Xoves) - Marzo 21 (Luns)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!