Campamento Semana Santa 2023 en Soutomaior

lun03abr(abr 3)00:00lun10abr(abr 10)23:59Campamento Semana Santa 2023 en SoutomaiorEspazo Concilia. Conciliación da vida familiar, laboral e persoal00:00 - 23:59 (10) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Desde o Concello de Soutomaior ponse en marcha o programa: Espazo Concilia, programa adicado a conciliación da vida familiar, laboral e persoal durante os períodos non lectivos da escola.

Vai dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade, empadroadas no Concello de Soutomaior ou persoas proxenitoras traballando no termo municipal do Concello.

O horario é de 09:00 da mañá á 14:00 horas, pero existe a posibilidade de entrar as 08:00 horas e de saír ás 15:00 horas (dependendo das necesidades de cada familia), durante os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023. Prazas limitadas*.

A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os mércores e venres de 09:00 a 14:00 horas.

O prazo para a inscrición é do 16 ó 23 de marzo, ambos inclusive. Nunha vez rematado o prazo de inscrición, comunicaremos ás familias as crianzas admitidas.

*En caso de superar o número de prazas establecido, prevalecerán para adminsión os criterios de vulnerabilidade (familia monomarental, diversidade funcional, rendas inferiores).


Hora

3 (Luns) 00:00 - 10 (Luns) 23:59

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!