Canco Rodríguez presenta 'El rock and roll ha muerto'

sáb06mai22:30sáb23:50Canco Rodríguez presenta 'El rock and roll ha muerto' espectáculo dirigido por Víctor Conde22:30 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘El rock and roll ha muerto’ é unha viaxe a través da historia do rock and roll e da propia vida do actor, cargado de anécdotas, humor, paixón e lendas da música.

O show ofrécenos un interesante e divertido percorrido desde 1950, coa aparición deste xénero, ata os nosos días… década a década… Sen dúbida, unha experiencia na que descobres, aprendes, conectas e ris sen darche conta.

Canco Rodríguez, exercendo de mestre de cerimonias, lembrará a figura do rock and roll desde as súas orixes en EEUU ata as súas últimas rabexadas nun portal de Malasaña. Estará no certo? Realmente estaremos ante a despedida do rock and roll?

Con divertidos vídeos, insólitas fotografías, anécdotas incribles e moita música, Canco levaranos da man non só para falarnos de música, tamén da súa propia vida persoal como actor desde os seus comezos ata os seus últimos éxitos televisivos.

El rock and roll ha muerto’ está dirixido por Víctor Conde, director e co-creador do aclamado espectáculo ‘The Hole 2’, director residente en España do musical ‘Los Miserables’, director de ‘Pegados’ (gañador do premio Max ao mellor musical), entre outras moitas producións.

Entradas anticipadas á venda desde 18 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 22:30 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!