setembro, 2021

17setTodo o día18setCanteira Fest'Desconfinado'(Todo o día) Canteira de Paredes, VilaboaEvento tipo:Ademais

Detalles do Evento

A organización do Canteira Fest ven de deseñar unha programación para os días 17 e 18 de setembro na Canteria de Paredes (Vilaboa), adaptada a actual realidade.

Sen deixar de facer unha aposta clara por unha programación cultural de calidade, realizarase un festival a pequena escala, con aforo limitado a 1000 persoas por día.

As entradas sairán á venda, por primeira vez, co fin de poder facer un control de acceso adecuado e manter o aforo indicado, as entradas serán en tres formatos.

O primeiro dos formatos será unha entrada de 5 euros para un dos días do festival, tanto se só se quere ir o venres ou so se quere ir o sabado; o segundo formato será un bono para os dous días por un valor de 7 euros a entrada; é por último, o terceiro formato, será o aluger dun recinto demarcado para un grupo de 10 persoas, na que poderás estar coas túas amizades dun xeito máis relaxado. As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es

Como nas anteriores edicións, a formación en feminismo será un piar fundamental do evento, artellando diversos coloquios sobre as temáticas máis actuais no eido feminista. Asemade, este ano, centrarase a temática do festival nos distintos modos de ser muller, facendo fincapé nas mulleres transxénero e as súas demandas.

No Canteira Fest deste 2021 participará un elenco de artistas eclectico, dando cabida a novas formacións e artistas. Así, para este ano contaráse con Zeltia Irevire, Verto, Paula Docampo DJ, Bravatukas, Pauliña, A Rabela, Cuarta Xusta, O Gato de Cheshire e Lisdexia, na parte musical. Asemade, tamén contarase coa participación de Migallas Teatro, para os máis pequenos da casa, que terán a entrada de balde até os 12 anos.

As persoas que contedes coas entradas do ano pasado, non tendes que facer nada, son cambiadas automaticamente para este ano.


Hora

setembro 17 (Venres) - 18 (Sábado)

Localización

Canteira de Paredes

Está pasando!