Cantos de Taberna 2023 | © Maravallada

Cantos de Taberna en Pontevedra

ven23feb21:00Cantos de Taberna en PontevedraConcello de Pontevedra e Maravallada21:00 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Cantos de Taberna, o programa musical impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Cultural Maravallada, volve un ano máis co fin de incidir e recuperar o canto tradicional que durante décadas foi unha das formas musicais e de ocio por excelencia da nosa terra.

O ciclo, que conta cunha filosofía de seu na que se busca a mínima instrumentación e outorgarlle todo o protagonismo ás voces, amplía este ano o seu rango de acción, buscando novos establecementos que encher de melodía e tradición.

Como vén sendo habitual, o último venres de cada mes —agás marzo, pola súa coincidencia con Venres Santo—, as xentes de Pontevedra podrán acudir a dous establecementos diferentes co obxectivo de cantar en compañía os clásicos populares do país.

Así, este ano, as datas e os establecementos para a celebración dos Cantos de Taberna son as seguintes:

  • Venres, 26 de enero – Bar Bogotá / El Huerto del Cura (con Maravallada)
  • Venres, 23 de febreiro – A Navarra / El Milano de los Mares (con Os Firrás)
  • Venres, 22 de marzo – A Gramola / A Adega dos Avós (con Fonteliño)
  • Venres, 26 de abril – A Nasa / Barallocas (con Malvela)
  • Venres, 31 de maio – Balixas / Nasantiña (con Cantanascroas)

O horario das actuacións sempre é o mesmo para todas as datas, comezando ás 21.00 horas no primeiro establecemento, e continuado no seguinte ás 22.30 horas e até ás 00.00 horas.


Cantos de Taberna 2023 | © Maravallada

A visión de Maravallada

As tabernas, a parte de ser establecementos de venda de bebidas, sempre foron lugares de encontro e camaradería, onde se contaban confidencias e se cantaba, porque o canto, as veces, mesturado cunha chisca de viño, fai aflorar os mais fondos sentimentos das persoas.

Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o consabido cartel de “Prohibido cantar”, cencenando así o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un momento agradable cantando en compaña de bos amigos.

O canto de taberna, polo tanto, debe ser algo compartido, feito entre todos, algo que faga xurdir a participación dos presentes, por eso Maravallada facilita as letras das cantigas para que así os asistentes poidan unirse ao canto.

Historicamente o canto de taberna foi unha manifestación musical onde o instrumento primordial, e na maioría dos casos o único, era a VOZ. As voces podían ir acompañadas dalgún instrumento que normalmente se “fabricaba” de xeito espontáneo, cunchas de vieira, culleres, golpes ben acompasados na mesa ou na barra…, e noutras ocasións podía haber un “músico” que dispoñía dunha guitarra, un acordeón… por ese motivo Maravallada creou unhas bases de participación para os cantos de taberna en Pontevedra onde se priorizan os elementos antes sinalados.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!