maio, 2021

02mai18:00'Cartoóns'Producións teatrais excéntricas18:00 Auditorio da Xuventude, CambadosEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Producións Teatrais Excéntricaspresenta o espectáculo de teatro infantil ‘Cartoóns’, dentro ciclo de teatro infantil e familiar organizado polo Concello de Cambados.

Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada?

Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.

Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de ‘Cartoóns’. A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo “Cranios privilexiados”, e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.


Víctor Mosqueira e Josito Porto

Víctor Mosqueira, a cargo da dirección, ten a oportunidade de verquer todos os coñecementos adquiridos na área da clown, a comedia física e os sketches de farsa contemporánea. Estes coñecementos parten, para alén dun talento natural, da formación en Commedia dell Arte en Italia, traballos con Eric de Bont, a creación de lances cómicos para TV, as ultranoites da NASA, os espectáculos de Commedia con Ollomol, e fundamentalmente, o longo camiño de experimentación e éxitos do dúo Mofa&Befa.

No espectáculo ‘Cartoóns’, Víctor Mosqueira e Josito Porto botarán man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes.

Espectáculo finalista nos Premios de Teatro María Casares 2020 na categoría de Mellor Espectáculo Infantil.

Prezo: 3,5 € (normal) e 2,5 € (reducida). Venta anticipada no Espazo Torrado e 1 hora antes da función no propio auditorio da Xuventude.

Aforo limitado con todalas medidas de prevención da Covid-19 por unha Cultura segura.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xuventude

Rúa San Francisco, 3, 36630 Cambados

Está pasando!