cartoons

xuño, 2021

11xuñ19:00"Cartoóns"Rechouchíos19:00 Concello de MoañaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Dentro do programa Rechouchíos, organizado polo Concello de Moaña, Produccións Teatrais Excéntricas porá en escena no parque da Xunqueira a obra de teatro “Cartoóns”, recomendada a partir dos 4 anos.

Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada?

Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.


Víctor Mosqueira e Josito Porto

Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de “Cartoóns”. A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo “Cranios privilexiados”, e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.

Víctor Mosqueira, a cargo da dirección, ten a oportunidade de verquer todos os coñecementos adquiridos na área da clown, a comedia física e os sketches de farsa contemporánea. Estes coñecementos parten, para alén dun talento natural, da formación en Commedia dell Arte en Italia, traballos con Eric de Bont, a creación de lances cómicos para TV, as ultranoites da NASA, os espectáculos de Commedia con Ollomol, e fundamentalmente, o longo camiño de experimentación e éxitos do dúo Mofa&Befa.

Espectáculo finalista nos Premios de Teatro María Casares 2020 na categoría de Mellor Espectáculo Infantil.

En caso de mal tempo, o espectáculo trasladarase ao Centro Sociocultural Daniel Castelao.


Programa Rechouchíos Maio-Xuño 2021

Rechouchíos

Rechouchíos é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos.

Organizado polo Concello de Moaña, utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, percorrendo todas as parroquias do minicipio.

O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: Chio, chio. rechouchío!

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!