'Cartoóns' no Museo de Pontevedra

dom05xuñ12:00dom23:00'Cartoóns' no Museo de PontevedraDía Mundial do Medio Ambiente12:00 - 23:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a conciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia son os valores sobre os que pivota ‘Cartoóns’, o espectáculo teatral que se representará o domingo 5 de xuño, ás 12:00 horas, e co que o Museo de Pontevedra conmemorá o Día Mundial do Medio Ambiente.

Josito Porto e Víctor Mosqueira, creadores e protagonistas desta obra dirixida ao público familiar, transformaranse en dous pallasos que viven entre cartóns, material que lles servirá para construír camas, aseos, rolos de papel hixiénico, teléfonos, pelotas, etc, convertendo o lixo en luxo.

Esta obra, finalista nos Premios de Teatro María Casares na categoría de mellor Espectáculo Infantil, terá lugar no salón de actos do Edificio Castelao e a entrada será libre ata completar o aforo.

Hora

(Domingo) 12:00 - 23:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!