Celebración do 40 Aniversario da Asociación 'Alborada'

mar24mai19:30Celebración do 40 Aniversario da Asociación 'Alborada'festival benéfico conmemorativo19:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ALBORADA, é unha ONG, declarada de utilidade pública, que desde 1982 traballa nas diversas problemáticas relacionadas coas drogodependencias e outras adiccións, a exclusión social, a problemática penal, a incorporación sociolaboral, a prevención do consumo de drogas, a atención á adolescencia en desprotección social, etc. (ver www.alborada.org).

Por iso, con motivo do 40 aniversario da súa fundación, ACLAD ALBORADA conmemora o 40 aniversario desde a súa fundación cun Festival Benéfico, para lembrar e gozar, conducido por Rubén Riós, coa participación altruísta e solidaria de Antonio Durán “Morris”, Antón Reixa, Guadi Galego, Ari Magritte, Sons do Abrente de Mos, Carla Lourdes, J. C.A., doutros membros da entidade e moito máis…

O evento terá lugar o 24 de maio de 2022, ás 19.30 horas, no Teatro Afundación de Vigo, cedido gratuitamente por Afundación, Obra Social de Abanca.

Ao acto acudirá unha ampla representación do tecido social de Vigo e de Galicia, das persoas atendidas, das súas familias, de entidades, de profesionais e colaboradores, así como das Administracións Públicas que financian os programas de Alborada e que posibilitan, por tanto, que a atención que se ofrece desde os seus centros e servizos poida ser universal, gratuíta e de calidade.

A recadación do acto destinarase a sufragar os gastos da organización do mesmo e o restante, se o houber, a fins sociais, concretamente aos programas de incorporación sociolaboral das persoas en exclusión social atendidas en ACLAD Alborada.

Para as persoas que non poidan acudir presencialmente, e que desexen colaborar con este evento solidario, activouse unha Fila 0 para doazóns, cunha achega mínima de 5 euros.

As achegas á Fila 0 son doazóns que non supoñen unha localidade de acceso á Sala.

Para poder realizar unha achega extra, só ten que pulsar aquí : FILA 0

En definitiva, coa asistencia ao acto, non só conmemorarase o 40 aniversario de Alborada, senón que se favorecerá a visibilización e a sensibilización cara ás problemáticas sociais, as adiccións, a adolescencia en desprotección social, a diversidade e a saúde mental en xeral.

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!