outubro, 2022

Detalles do Evento

Cando Maria Arnal i Marcel Bagés volveron empezar, sabían que o vento sopraba -e como sopraba!- de fronte. Pero tamén que o seu segundo álbum, ‘Clamor’ (Fina Estampa, 2021), era (é) un milagre: unha fábula contra-pandémica que reivindica nosa propia vulnerabilidade; unha (hiper) utopía de pop mutante que renova por completo o imaxinario sonoro de 45 Cerebros y 1 corazón (2017).

A raíz desa música que agora nace electrónica en ‘Clamor’, é a tradición á que acoden, esa que permite convivir no escenario a composicións do seu primeiro repertorio, que soaron seguidas, coas máis recentes. Continuidade sen sobresalto inspirada nun sentido permanente. Un espectáculo para os sentidos.

AS MATINÉS DO PRINCIPAL

As Matinés do Principal regresan no 2022 sen perder un ápice da súa esencia: a mellor música ao vivo para compartir en familia e en horario matutino.

Un ciclo para todos os públicos fóra dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas principalmente a unha audiencia familiar, fomentando desta maneira novos horarios de consumo cultural e apoiando á actividade diúrna nos locais da cidade. Un proxecto que aposta por integrarse na vida da nosa cidade ofertanto renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.

Todos os concertos programados comezarán ás 12.30 do mediodía, un horario accesible para un público cada vez máis numeroso, que reclama unha oferta de ocio diurna con personalidade e de calidade.

Nesta edición, o Ciclo As Matinés do Principal ofrecerá a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra artistas como Maria Arnal i Marcel Bagés, ou A Pedreira.

CONCERTOS AS MATINÉS 2022:

  • 08/10/22:María Arnal i Marcel Bagés
  • 29/10/22:A Pedreira

ENTRADAS:

  • Abono Ciclo As Matinés: 30€ + g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • María Arnal i Marcel Bagés: entradas desde 16€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • A Pedreira: entradas desde 14€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • Venda anticipada en Ataquilla.com
  • Billeteira do Teatro Principal aberta os días de concerto desde 2 horas antes

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!