novembro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía Contraproducións porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘Cigarreiras’.

Baseado en ‘La Tribuna’ de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica que, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo como ‘La Tribuna’, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Aínda bebendo significativamente da citada novela, o texto constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente.

Un texto que aborda ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interese cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brillantes argumentos aportados pola escritora e a súa novela, poden suscitar interese na sociedade actual, representada no teatro polo público.

Versión e dirección: Candido Pazó.

Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola.

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!