'Cinema de historias' da man de Alice Guy

ven15out18:00'Cinema de historias' da man de Alice GuyEspecial Día das Escritoras18:00 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

O venres 15 de outubro ás 18.00 h. gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

Da man de Alice Guy, a nai do cinema, Raquel Queizás narrará este espectáculo audiovisual e teatral.

O obxectivo e facerlles ver ás crianzas que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.

Para público familiar, a partir de 6 anos no salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra ‘Antonio Odriozola’.

Con inscrición previa a partir do 6 de outubro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca. En dito formulario, a persoa que inscribe pode indicar o número de convivintes que van acudir (ata máximo 5).

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!