'Circanelo'

dom10out12:00'Circanelo''Tornar ás táboas'12:00 Pazo da Crega - Barro

Detalles do Evento

N+1 Teatro, Circo e Danza presentan o espectáculo ‘Circanelo’, inserido no programa ‘Tornar ás táboas’, da Deputación de Pontevedra

‘Circanelo’ é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e enxeño. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo.

O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos de este paiaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos. Espectáculo versátil adaptable a calquera espazo escénico: sala, rúa e café teatro.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Pazo da Crega

Lugar Canai, 1, 36194 Barro

Está pasando!