'Coa ledicia de voltar' en Vigo

mar24mai19:00'Coa ledicia de voltar' en Vigodía das letras galegas19:00 Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra - Vigo

Detalles do Evento

O martes 24 de maio, ás 19:00 horas a sede provincial da Deputación de Pontevedra en Vigo acollerá o espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’, de Serafín Marcos, onde o autor noiés fai un percorrido pola vida do autor a través da súa poesía levando ás persoas asistentes dende o Valdeorras natal ata México co humor característico das súas montaxes.

O evento parte dun verso tomado unha obra de Delgado Gurriarán e pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. Será unha “viaxe de volta ao seu Córgomo natal revivindo a travesía marítima de fuxida no Ipanema e gozando pausadamente da natureza valdeorresa, un relato dinámico e participativo no que os versos de Florencio cobran vida”, explica Serafín Marcos.

+info e inscrición en depo.gal

Hora

(Martes) 19:00

Localización

Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!