Concentración Moteira Bueu 2022

ven10xuñ17:00Concentración Moteira Bueu 2022Moteros do Morrazo17:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

A concentración moteira volve a Bueu na fin de semana do 10 ao 12 de xuño, despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia.

O programa de eventos comezará o venres coa apertura de inscricións ás 17.00 horas, e a celebración dunha misa solemne en memoria dos socios falecidos na Igrexa de San Martiño de Bueu. Pola noite, o grupo vigués «BrokenPeach» animará a velada, xunto aos DJ’s «Vecky-Jackobs» e Ruben Díaz.

O sábado ábrense as inscricións ás 12 da mañá. Pola tarde, celebrarase a tradicional ruta con pinchada pola zona, seguida dunha exhibición stunt a cargo de Narcís Roca, ademais dunha proba de decibelios e motos lentas. Pola noite, haberá unha cea para as persoas inscritas, cunha ruta nocturna con antorchas polas rúas a vila e festa co Dj Rubén Díaz.

O domingo terá lugar un almorzo para as persoas inscritas ás 10 h da mañá, seguido dunha ruta, e unha nova exhibición stunt con Narcís Roca. Ás 13.30 horas terá lugar a homenaxe aos compañeiros falecidos e entrega de trofeos.


Hora

(Venres) 17:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!