Marc Leroy Calatayud | © Cyril Cosson

Concerto Real Filharmonía de Galicia

ven10mar20:00ven23:50Concerto Real Filharmonía de Galiciatempada abonos música clásica20:00 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, o venres 10 de marzo a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Marc-Leroy Calatayud e coa soprano Natalia Labourdette (Gañadora do Concurso de Canto da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela 2021), ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo.

A NOITE E O AMOR

I

AUGUSTA HOLMÈS (1847-1903)
Ludus pro patria, la Nuit et l’Amour

ALBAN BERG (1885-1935)
Sieben frühe Lieder (Siete primeras canciones)

Nacht (Noche)
Schilflied (Canción entre los juncos)
Die Nachtigall (El ruiseñor)
Traumgekrönt (Coronado en sueños)
Im Zimmer (Interior)
Liebesode (Oda al amor)
Sommertage (Días de verano)

AUGUSTA HOLMÈS (1847-1903)
Le désir, A Trianon, En Chemin. Orquestración Carme Rodríguez*

II

JOHANNES BRAHMS (1833-1897)
Sinfonía núm. 3 en fa mayor, op. 90

Allegro con brio
Andante
Poco allegretto
Allegro

*Encarga RFG. Estrea absoluta.

Duración aprox. 1 h 30 min (con pausa).

Entradas anticipadas á venda desde 6,30 euros en Ataquilla.com


TEMPADA DE ABONOS DE MÚSICA CLÁSICA

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon á venda os abonos para a súa nova Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá de xaneiro a xuño de 2023 no Teatro Afundación de Vigo. Inclúe seis concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia e catro a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Os abonos, que supoñen un aforro do 20 % con respecto ao prezo dos billetes individuais, estarán dispoñibles na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Marqués de Valladares, s/n) o 15 e o 16 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas. A partir das 11.00 horas do 15 de decembro, e ata o 8 de xaneiro, estarán tamén dispoñibles a través de Ataquilla.com.

As entradas soltas poderanse adquirir a partir do 9 de xaneiro. Ademais, en liña coa promoción social da cultura, Afundación ofrece ás persoas menores de 35 anos as entradas a 5 euros media hora antes do comezo dos recitais.


PROGRAMA ‘CULTURA POR ALIMENTOS’

A Tempada de Abonos de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación ‘Cultura por alimentos’, mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros a xeito de entrada solidaria nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.


A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 horas.

  • Abrirá a tempada, o xoves 19 de xaneiro, a Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Víctor Pable Pérez, acompañado polo solista violín de Bomsori Kim.
  • A Real Filharmonía de Galicia tomará o relevo o 27 de xaneiro co dirección e clave de Jonathan Cohen.
  • O día 10 de febreiro retornará a Real Filharmonía de Galicia cun recital dirixido por Joana Carneiro e coa soprano María Hinojosa Montenegro.
  • O 10 de marzo a Real Filharmonía de Galicia regresará baixo a dirección de Marc-Leroy Calatayud e coa soprano Natalia Labourdette.
  • O 29 de marzo a Real Filharmonía de Galicia estará dirixida por Diego Martín Etxeberría.
  • O xoves 27 de abril a Orquesta Sinfónica de Galicia contará coa dirección de Lina González-Granados e a solista violín Alexandra Conucova.
  • O venres 5 de maio regresará a Real Filharmonía de Galicia coa dirección de Paul Daniel e co violín de Nemanja Radulovic.
  • O xoves 18 de maio volve ser a quenda da Orquesta Sinfónica de Galicia con dirección de Antonello Manacorda e a solista de violín Liza Ferschtman.
  • O mércores 24 de maio a Real Filharmonía de Galicia contará coa dirección de Jordi Francés.
  • Para finalizar, o 8 de xuño, Dima Slobodeniouk dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia.

Hora

(Venres) 20:00 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!