Concerto da Real Filharmonía de Galicia

ven10feb20:00ven23:50Concerto da Real Filharmonía de Galiciatempada abonos música clásica20:00 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, o venres 10 de febreiro retornará a Real Filharmonía de Galicia ao Teatro Afundación de Vigo cun recital dirixido por Joana Carneiro e coa soprano María Hinojosa Montenegro.

ILUMINACIÓNS

I

BENJAMIN BRITTEN (1913-1976)
Les Illuminations op. 18

Fanfare: Maestoso (poco presto)
Villes: Allegro energico
Phrase: Lento ed estatico
Antique: Allegretto; un poco mosso
Royauté: Allegro maestoso
Marine: Allegro con brio
Interlude: Moderato ma comodo
Being Beauteous: Lento ma comodo
Parade: Alla marcia
Départ: Largo mesto

II

GUSTAV MAHLER (1860-1911)
Sinfonía núm. 4 en sol mayor

Bedächtig; nicht eilen
In gemächlicher Bewegung; ohne Hast
Ruhevoll
Sehr behaglich

Duración aprox. 1 h 30 min (con pausa).

Entradas anticipadas á venda desde 6,30 euros en Ataquilla.com


TEMPADA DE ABONOS DE MÚSICA CLÁSICA

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon á venda os abonos para a súa nova Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá de xaneiro a xuño de 2023 no Teatro Afundación de Vigo. Inclúe seis concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia e catro a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Os abonos, que supoñen un aforro do 20 % con respecto ao prezo dos billetes individuais, estarán dispoñibles na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Marqués de Valladares, s/n) o 15 e o 16 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas. A partir das 11.00 horas do 15 de decembro, e ata o 8 de xaneiro, estarán tamén dispoñibles a través de Ataquilla.com.

As entradas soltas poderanse adquirir a partir do 9 de xaneiro. Ademais, en liña coa promoción social da cultura, Afundación ofrece ás persoas menores de 35 anos as entradas a 5 euros media hora antes do comezo dos recitais.


PROGRAMA ‘CULTURA POR ALIMENTOS’

A Tempada de Abonos de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación ‘Cultura por alimentos’, mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros a xeito de entrada solidaria nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.


A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 horas.

  • Abrirá a tempada, o xoves 19 de xaneiro, a Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Víctor Pable Pérez, acompañado polo solista violín de Bomsori Kim.
  • A Real Filharmonía de Galicia tomará o relevo o 27 de xaneiro co dirección e clave de Jonathan Cohen.
  • O día 10 de febreiro retornará a Real Filharmonía de Galicia cun recital dirixido por Joana Carneiro e coa soprano María Hinojosa Montenegro.
  • O 10 de marzo a Real Filharmonía de Galicia regresará baixo a dirección de Marc-Leroy Calatayud e coa soprano Natalia Labourdette.
  • O 29 de marzo a Real Filharmonía de Galicia estará dirixida por Diego Martín Etxeberría.
  • O xoves 27 de abril a Orquesta Sinfónica de Galicia contará coa dirección de Lina González-Granados e a solista violín Alexandra Conucova.
  • O venres 5 de maio regresará a Real Filharmonía de Galicia coa dirección de Paul Daniel e co violín de Nemanja Radulovic.
  • O xoves 18 de maio volve ser a quenda da Orquesta Sinfónica de Galicia con dirección de Antonello Manacorda e a solista de violín Liza Ferschtman.
  • O mércores 24 de maio a Real Filharmonía de Galicia contará coa dirección de Jordi Francés.
  • Para finalizar, o 8 de xuño, Dima Slobodeniouk dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia.

Hora

(Venres) 20:00 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!