maio, 2022

Detalles do Evento

Ladilla Rusa é un grupo de electro-pop que nace en 2017 como unha broma entre dous amigos de toda a vida: os xornalistas Tania Lozano e Víctor F. Clares. Desde entón, e sempre co humor e a festa como bandeira, o grupo popularizou cancións como Bebo (de bar en peor), Criando Malvas, Princesas ou os que son xa case himnos de verbena: Macaulay Culkin ou KITT e os coches do pasado, cos que conseguiron millóns de reproducións nas redes sociais.

Actualmente, os ladilla están considerados como un dos grupos humorísticos de referencia do país e actuaron nas principais salas e festivais do territorio español e mesmo en Londres.

Entradas á venda por 27,50 euros en teuticket.com


Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!