Concerto de Pablo Patiño en Pontevedra

xov10ago22:30xov23:50Concerto de Pablo Patiño en PontevedraFestival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra 22:30 - 23:50 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A Praza da Ferraría repetirá na 29ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra como escenario principal dunha programación de enorme nivel que será celebrada entre o 7 e o 11 de agosto.

Pablo Patiño Moledo, músico de Vilagarcía de Arousa, formado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra subirase ao escenario da Ferraría o xoves 10.

Pablo Patiño Moledo (Pontevedra, 1993), líder do proxecto, compaxina a súa carreira como pintor coa súa carreira como contrabaixista e compositor.

Formouse, musicalmente en conservatorios de Galiza e Portugal e tocou e colaborou con músicos como: Bill McHenry, Gonçalo Marques, Dayna Stephens, Wilfred Wilde, Kyle Poole, Victor Prieto, Raynald Colom, Ricardo Toscano, César LaTorre o Natalio Sued. Ademáis de recibir clases e traballar con: Horacio Fumero, Pedro Moreira, Joshua Redman, Ben Street, Afonso Pais, Mike Moreno, Bernardo Moreira, André Fernandes, Fabrizio Cassol ou Mark Withers entre moitos outros.

Con referentes como Phronesis, James Blake, Wayne Shorter, Alt- J, ou Stravinsky, FLOR exprésase cun concepto claro da improvisación onde a creación compaxínase con potentes composicións.

Diego Alonso (saxo tenor), Afonso Traficante (vibráfono), Pablo Patiño Moledo (contrabaixo) e Esteban Lavigne (batería).


Cómpre sinalar un cambio de última hora no programa principal, ao caer do cartel a artista Carolyn Wonderland por razóns de saúde. A organización, nun movemento áxil e a contrarreloxo, logrou confiar este día a Gisele Jackson and The Shu Shu’s, intérprete nada en Baltimore e iniciada musicalmente no soul clásico. A súa transcendencia pública chegou cando Ray Charles a incorporaba á súa banda para convertela nunha raelette, corista nos seus concertos. Tamén Donna Summer e James Brown a tiveron entre as súas filas en numerosas gravacións e concertos en directo.

Chegará a Pontevedra cunha banda espectacular, na que o órgano hammond sobresairá con luz propia.

Así, o programa definitivo é o seguinte:

  • Luns, 7 de agosto, 22.30 horas – Gisele Jackson and The Shu Shu’s
  • Martes, 8 de agosto, 22.30 horas – Acantha Lang
  • Mércores, 9 de agosto, 22.30 horas – Vanessa Collier
  • Xoves, 10 de agosto, 22.30 horas – Pablo Patiño
  • Venres, 11 de agosto, 22.30 horas – Mr River


Hora

(Xoves) 22:30 - 23:50

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!