Concerto de Zahara en Pontevedra

dom14ago22:30Concerto de Zahara en PontevedraFestas da Peregrina 202222:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

Tras un ano interpretando o seu último disco ‘Puta’ en salas e ciclos de todo o país, Zahara afronta o período estival cun novo show completamente electrónico.

Baixo o título de ‘Puta Rave’, a artista presenta unha proposta electrónica repleta de intimidade, baile, luces e xogos audiovisuais. Un concepto tan revolucionario como o propio disco que ten como obxectivo levar o directo a outro nivel. Nel repasará as súas novas cancións e algúns dos seus grandes éxitos, transformados agora nunha contundente viaxe por sons electrónicos.

Unha posta en escena que contará ademais coa presencia dos músicos Martí Perarnau IV, Manuel Cabezalí e as bailarinas Olga Suárez e Paulina Coelho.

Zahara actuará o domingo 14 de agosto dentro da programación das Festas da Peregrina 2022 organizadas polo Concello de Pontevedra.

A cita deste concerto, con entrada de balde, dara comezo ás 22:30 horas na Praza de España.



 

Hora

(Domingo) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!