© Clàudia Dubé Oranías

Concerto 'Mulleres e inspiración' en Pontevedra

dom05xuñ19:30Concerto 'Mulleres e inspiración' en PontevedraOrquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra19:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O concerto ‘Mulleres e inspiración’ organizado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra contará entre outras con 3 obras de estrea mundial. Serán ‘WoOmen’ de Mario Diz, sobre un tema de Brahms adicado a Clara Wieck Schuman, ‘El último adiós’ de Julia Dopico Vale e ‘Lonxe do lar queridiño’ de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero.

A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró dende o ano 2015 e da Opera Pocket Orchestra dende o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada.

A formación musical, íntegramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Rey Iglesias como Frauta Solista.

A música clásica, como en calquera outra das artes, faise inxusta cando o xénero, historicamente falando, era un factor determinante para non só limitar o éxito das creadoras, senón tamén para a transcendencia da súa obra artística posterior.

Hoxe, temos o deber de ser sensibles a poder pór en valor creacións de inigualable nivel creativo, técnico e artístico que de seguro foi inspirador para moitos exitosos artistas de xénero masculino que contaban con este factor en prol, e que se non fora por esta circunstancia pasarían a ser obras consolidadas como primordiais no repertorio da interpretación da música.

A proposta do programa deste concerto, reúne no seu eixo central a posta en valor das mulleres e dos seus oficios relacionados coa música. Dar visibilidade a unha profesión que dende moi antigo sempre foi asumida por unha maioría masculina.

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com


Está pasando!