agosto, 2022

Detalles do Evento

Coñecerás a arquitectura, enclaves, personaxes históricos e moito máis dos cales a cidade e o río foron testemuñas e cómplices durante séculos.

Descobre a historia e lendas do Río Lérez e a cidade de Pontevedra dunha maneira saudable, divertida e desde unha contorna distinta coas vistas que ofrece da cidade navegar desde o rio.

Unha actividade recomendada para todos os públicos, a partir de 6 anos de idade, con dous tipos de roteiros guiados en pádel surf descubrindo a historia de enclaves, personaxes da cidade, edificios, lendas e historias vinculadas á coidade.

  • Non é necesario saber nadar, o equipo garante total seguridade.
  • Táboas anchas que achegan total estabilidade.
  • Actividade gratuíta dirixidas aos visitantes da cidade e á poboación local de Pontevedra e arredores.

Como é o percorrido?

Hai tres roteiros dispoñibles, un roteiro diúrno, outra de tarde e unha nocturna. Roteiro diúrno / Roteiro de tarde Travesía turística a través do Río Lérez cara ao balneario antigo do río e volta á praia fluvial. Roteiro nocturno Travesía turística a través do Río Lérez cara ás pontes para poder gozar da súa iluminación nocturna e volta á praia fluvial.

O punto de inicio e fin do percorrido é a Praia Fluvial na Av. de Buenos Aires, 36156 Pontevedra.

Datas e horarios:

Sábados e domingos do 30 de xullo ao 28 de agosto.

  • Sábados: Roteiro de mañá de 10.30 a 13.30 horas e Roteiro nocturno de 20.30 a 23.00 horas
  • Domingos: Roteiro de tarde de 17.00 a 19.30 horas

Hora

Todo o día (Sábado)

Localización

Río Lérez

Río Lérez, Pontevedra

Está pasando!