© Isabel Pérez Dobarro

Masterclass 'Mulleres compositoras. Repertorio de piano'

sáb04xuñ10:00sáb13:00Masterclass 'Mulleres compositoras. Repertorio de piano'Ciclo ‘Mulleres e inspiración’10:00 - 13:00 Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga - Pontevedra

Detalles do Evento

Inserido no ciclo ‘Mulleres e inspiración’ organizado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o venres 3 de xuño o Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a conferencia ‘A muller na música. Perspectiva histórica e situación actual’, correrá a cargo de Isabel Pérez Dobarro, concertista afincada en Nova Iorque e que mantivo unha importante traxectoria profesional con concertos en Estados Unidos, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia, Portugal e España.

O sábado 4 de xuño, no auditorio do Conservatorio Manuel Quiroga, terá lugar entre as 10:00 e as 13:00 horas, a Masterclass ‘Mulleres compositoras. Repertorio de piano’ da man de Isabel Pérez Dobarro.

Contará con 4 vacantes para alumnado activo e o restante como oínte ata completar cabida.

Esta actividade, de balde, precisa de inscrición  previa en orquestra.ofcp@gmail.com mediante este formulario.

Hora

(Sábado) 10:00 - 13:00

Localización

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga

Av. Virxinia Pereira Renda, 4 - 36004 Pontevedra

Está pasando!