Contacontos sobre Francisco Fernández del Riego na Guarda

sáb10xuñ12:00sáb23:50Contacontos sobre Francisco Fernández del Riego na Guardaespectáculo teatral de Polo Correo do Vento12:00 - 23:50 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O vindeiro sábado día 10 de xuño ás 12:00 horas a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o contacontos “Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”.

Esta actividade sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego está organizada polo Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra e será realizada pola compañía Polo Correo do Vento, contando cos habituais ingredientes deste grupo: a música e a ilustración para explicar de xeito ameno ás crianzas e familias a vida e legado do persoeiro escollido este ano para homenaxear nas Letras Galegas.


Hora

(Sábado) 12:00 - 23:50

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!