maio, 2021

02mai12:00"Contacreques"DOMINGOS DO PRINCIPAL | DOUS PASES: 12:00 E 18:30 HORAS12:00 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Emedous (Galiza) porá en escena “Contacreques”, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado baseado nos contos clásicos “O Reiseñor”, “Garavanciño” e “O Zapateiro e os trasnos”.

Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de «xigantes».

O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.

En “Contacreques”, Emedous transportaranos a un mundo con voces de contadores de historias e corpos de monicreques.

  • Monicreques
  • Público: Familiar | +3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • Dous pases: 12:00 e 18:30 h.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!