Creación de Contidos Dixitais

dom01maiConsultarxov15setCreación de Contidos DixitaisConecta Emprego | Concello de Pontevedra(Consultar) Actividade online -

Detalles do Evento

Este curso aborda todo o relacionado coa creación de contidos dixitais educativos.

Explícanse as diferentes ferramentas para a educación con carácter dixital, as distintas contornas virtuais de aprendizaxe e a elaboración de materiais dixitais, os beneficios da programación na educación, así como que son os dereitos de autor na internet e as licenzas abertas e privativas.

TEMARIO PRINCIPAL:

  • Produción de contidos dixitais
  • Materiais e proxectos educativos dixitais
  • Obxectos dixitais. Procura, selección e organización. Bibliotecas e repositorios
  • Elaboración de actividades, materiais e recursos educativos dixitais
  • Dereitos de autor na internet
  • Licenzas abertas e privativas
  • Fundamentos de programación
  • Habilidades persoais

Lista de módulos:

  • Iniciación á creación de contidos dixitais

PERIODO DE INSCRIPCIÓN: Ata o 15/09/22

HORAS FORMATIVAS: 30 h.

MODALIDADE: Online (accesible 24h.)

QUEN PODE INSCRIBIRSE?:  Maiores de 18 anos.

CONOCIMIENTOS PREVIOS / NIVEL DE ESTUDIOS REQUERIDO: Sen requerimentos previos.

CRITERIO PARA SUPERAR O CURSO: Supera o contido do curso ao 100%.

+info e inscrición aquí.


Oferta formativa de Conecta Emprego para cidadáns de Pontevedra

En Conecta Emprego preparámoste para orientar a túa carreira profesional cara a un sector con grandes posibilidades na nova realidade laboral: o dixital.

Ofrecemos cursos en liña gratuítos de calidade e ferramentas para orientarte e formarte nas competencias tecnolóxicas con máis demanda de emprego.

Poñemos á túa disposición unha selección de cursos en liña de balde, para que desenvolvas as competencias dixitais máis demandadas do momento. Estes cursos en formato de autoestudo teñen unha duración de entre 20 e 40 horas, e pódelos realizar ao teu ritmo.

Contan con actividades prácticas para poñer en uso os coñecementos adquiridos e distintos foros onde poderás interactuar co resto do alumnado.

Hora

Maio 1 (Domingo) - Setembro 15 (Xoves)

Localización

Actividade online

Está pasando!