'Cris, pequeña valiente' en Vigo

dom06feb18:00'Cris, pequeña valiente' en VigoVIGOCULTURA 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación municipal de artes escénicas Vigocultura, a compañía El Espejo Negro presenta o espectáculo de monicreques familiar ‘Cris, pequeña valiente’.

Esta é a historia da pequena Cristina, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno… Ela nunca se sentiu neno. Dende sempre se sentiu unha nena e así fíxollelo saber aos seus pais desde moi pequena.

Cris, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, chea de ledicia e intelixente, que procura o seu dereito a ser a persoa que é e sinte.

Desexa ter un futuro cheo de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse como calquera outra nena da súa idade.

Espectáculo dedicado a todas as persoas transxénero do mundo.

Premio Feten 2021 ao mellor espectáculo.

Premio especial do Xurado da 38 Feira de Artes Escénicas de Palma del Río.

Premio do Público MIT 2021 na 37° Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

  • Autoría, dirección e adaptación: Ángel Calvente
  • Escenografía e deseño de son: El Espejo Negro
  • Deseño de iluminación: Laín Calvente
  • Vestiario monicreques: Carmen Ledesma
  • Vestiario actores/actrices: Eli Postigo
  • Música: Miguel Olmedo e VV.AA.
  • Elenco artístico: Cristina Jiménez, Carlos Cuadros e Yolanda Valle
  • Idioma: Español
  • Duración: 65 min
  • Idade recomendada: +5 anos

  • Entradas anticipadas desde 5,00 euros á venda en giglon.com
  • Abonos (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
    • Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
    • Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!