'Cruz de Navajas, el último Mecano' en Vigo

sáb20mai21:30sáb23:50'Cruz de Navajas, el último Mecano' en VigoDo coproductor de 'Billy Elliot, O Musical'21:30 - 23:50 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

‘Cruz de Navajas’ é o maior recoñecemento ao grupo español máis grande do noso patrimonio, Mecano.

‘Cruz de Navajas’ supón, ademais, a creación dun novo xéreno dentro do espectáculo musical. Trátase dun espectáculo único. Un sorprendente e rompedor formato audiovisual, onde se escoitan e recrean os grandes temas de Mecano, interpretados cada un deles con orixinais e asombrosas postas en escena, grazas a unha avanzada tecnoloxía, e ao talento e a sensibilidade máis exquisita.

Máis de 30 cancións, 25 artistas sobre o escenario: 7 voces grandiosas, unha extraordinaria banda de músicos en directo, un espectacular corpo de baile, e todo iso enmarcado nunha impactante e magnífica escenografía de 100 m2 de pantallas led, que transforman a cada momento todos e cada un dos números para convertelos en asombrosas pezas musicais.

‘Cruz de Navajas, el último Mecano’, é unha obra creada polo experimentado e recoñecido produtor Gonzalo Pérez Pastor, que xa viron máis de 150.000 persoas en Madrid.

Un espectáculo único que ningún apaixonado da música debe perderse. Representarase do 19 ao 21 de maio no Auditorio Mar de Vigo e levarán a cabo 4 funcións, venres ás 20.30 horas, sábado ás 18.00 e 21.30 horas e domingo, 18.00 horas

Entradas anticipadas á venda dende 35 euros en teuticket.com


Hora

(Sábado) 21:30 - 23:50

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!