Cursos da Aula CeMIT de Poio

lun08xanConsultarmér31xanCursos da Aula CeMIT de Poiomes de xaneiro de 2024(Consultar) Aula Cemit de Poio - Poio

Detalles do Evento

Cursos da Aula CeMIT de Poio durante o mes de xaneiro de 2024. A aula pecha a partir do martes 26 de decembro de 2023 e volta á actividade o luns 8 de xaneiro de 2024.

Todos os Cursos da Aula Cemit de Poio son presenciais e gratuítos, agás que se indique o contrario.

Debe acudirse respectando as medidas sanitarias de seguridade e comunicarse a non asistencia para deixar a praza libre para outros asistentes.

Inscrición: A través da páxina web cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na aula Cemit de Poio: Carreiro do Campo, 17. Vía peonil. Combarro. 36993 – Poio (Pontevedra). Teléfono 986 770 001 (Ext. 1321).


AULA ABERTA (ACCESO LIBRE) – Require cita previa

  • Descrición: Durante a Aula Aberta poderase facer uso dos equipos e do acceso á Internet previo rexistro de usuario. A aula tamén está dispoñible para as asociacións e organizacións do Concello de Poio, podendo facer uso da aula previa solicitude.
  • Horario: Do luns 8 ao venres 12, de 16:00 a 21:00 horas. A partir do luns 15, de 19:30 a 21:00 horas. Este horario pode variar naqueles días que haxa programada unha actividade.
  • Prazo: Todo o ano (agosto pechado).


INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: Veranse os conceptos básicos dende cero: como acender e apagar correctamente o computador, o manexo do rato, familiarizarse co entorno gráfico (o escritorio e as ventás) e o uso dos arquivos e das carpetas (creación, eliminación, copia…).
  • Inicio e fin do curso: Do luns 15 ao venres 19 de xaneiro
  • Horario: De 16:00 a 17:30 horas
  • Prazo: Do luns 8 ao venres 12 de xaneiro


INICIACIÓN ÁS FOLLAS DE CÁLCULO CON LIBREOFFICE CALC

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: O usuario coñecerá o funcionamento e os conceptos básicos dunha folla de cálculo, poderá aplicar sinxelas fórmulas de cálculo, modificar unha folla de cálculo e crear documentos con varias follas, así como gardar e imprimir os resultados.
  • Inicio e fin do curso: Do luns 15 ao venres 19 de xaneiro
  • Horario: De 17:30 a 19:30 horas
  • Prazo: Do luns 8 ao venres 12 de xaneiro


INICIACIÓN A INTERNET

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: Neste curso utilizarase o navegador de software libre Mozilla Firefox e o gratuíto Google Chrome a través dos cales os usuarios coñecerán o mundo do hipertexto das páxinas web. O usuario ao finalizar o curso poderá utilizar aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Os usuarios coñecerán o funcionamento dun navegador de Internet, como introducir enderezos na barra de enderezos do navegador, realizar procuras sinxelas nun buscador ou seguir as ligazóns para navegar polas páxinas web.
  • Inicio e fin do curso: Do luns 22 ao venres 26 de xaneiro
  • Horario: De 16:00 a 17:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 19 de xaneiro


FOLLAS DE CÁLCULO CON LIBREOFFICE CALC (NIVEL MEDIO)

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: Mediante este curso os usuarios coñecerán o uso das funcións de cálculo de LibreOffice Calc, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais doutras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.
  • Inicio e fin do curso: Do luns 22 ao venres 26 de xaneiro
  • Horario: De 17:30 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 19 de xaneiro


INICIACIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO WEB (WEBMAIL)

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: Explicarase como crear unha conta de correo electrónico, o seu funcionamento, ver os correos recibidos, respostalos ou enviar un novo, así como engadir e xestionar os contactos e a axenda.
  • Inicio e fin do curso: Do luns 29 de xaneiro ao xoves 1 de febreiro
  • Horario: De 16:00 a 17:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 26 de xaneiro


VIDEOCONFERENCIA ONLINE

  • Modalidade: Mixto
  • Descrición: Verase como levar a cabo videoconferencias a través de diferentes plataformas: FaceBook, Google, WhatsApp / TeleGram ou a aplicación Skype, como é o seu funcionamento e os servizos e posibilidades que ofrecen cada unha destas plataformas.
  • Inicio e fin do curso: Venres 2 de febreiro
  • Horario: De 16:00 a 17:30 horas
  • Prazo: Ata o xoves 1 de febreiro


SCRIBUS: DESEÑO DE CARTEIS E FOLLETOS

  • Modalidade: Presencial
  • Descrición: Explicase o manexo dun programa específico para o deseño de carteis, folletos e outros formatos de impresión. Scribus é un programa de software libre e gratuíto co que poderemos crear deseños artísticos máis aló do que permite outro software como os procesadores de texto ou de presentacións, pero sen as complicacións de software especializado de deseño gráfico.
  • Inicio e fin do curso: Do luns 29 de xaneiro ao venres 2 de febreiro
  • Horario: De 17:30 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 26 de febreiro

Hora

xaneiro 8 (Luns) - 31 (Mércores)

Localización

Aula Cemit de Poio

Carreiro do Campo, 17 Combarro 36993 Poio

Está pasando!