Cursos de habilidades dixitais na Guarda

dom01outConsultardom31decCursos de habilidades dixitais na GuardaAula CeMIT da Guarda(Consultar) Aula Cemit A Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

A Aula CeMIT da Guarda, sita no primeiro andar do Centro Cultural, acolle a partires do mes de outubro cinco novos cursos de habilidades dixitais.

Arrancan os cursos de outono 2023 na Aula CeMIT do Centro Cultural enfocados a nivel básico e iniciación, a data de inicio está marcada para o 2 de outubro e continuarán ata o mes de decembro.

Os curso ofertados este outono son: Manexo do ordenador e internet, Editor de textos, Smartphone (curso novo neste outono), Redes Sociais (curso novo neste outono) e un curso para cativos de entre 9 e 15 anos.

Máis información e inscricións no Centro Cultural de xeito presencial de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas ou no teléfono 986 611 850.



Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Hora

Outubro 1 (Domingo) - Decembro 31 (Domingo)

Localización

Aula Cemit A Guarda

Avda. Rosalía de Castro, 14 36780 A Guarda

Está pasando!