Iniciación á Lingua de Signos en Redondela

mar09mai(mai 9)00:00xov13xul(xul 13)23:59Iniciación á Lingua de Signos en Redondelacurso de Nivel A1.1(maio 9) 00:00 - (xullo 13) 23:59 Concello de Redondela

Detalles do Evento

A actividade ofrécese na nova Oficina de Turismo en Redondela do 9 de maio ao 29 de xuño e na Aula Cemit de Chapela do 24 de maio ao 3 de xullo. 

Un ano máis, a Concellería de Servizos Sociais organiza dous cursos presenciais de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas.

O curso de Nivel A1.1 tivo o ano pasado unha longa lista de espera polo que dende o Concello amosan a intención de continuar ofrecendo actividades orientadas á aprendizaxe da Lingua de Signos.

O curso, que ten unha duración de 30 horas lectivas, impártese os martes e xoves na nova Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños, 2) de 11:00 a 13:00 horas e os luns e mércores na Aula Cemit de Chapela (Rúa Manuel Rguez Casal, 3) de 16:30 a 19:00 horas.

A inscrición realízase no rexistro do Concello de Redondela e priorízanse ás persoas que non participaran nos cursos destas características anteriormente.


Hora

Maio 9 (Martes) 00:00 - Xullo 13 (Xoves) 23:59

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!