Dakidarría | © Rocío Cibes

maio, 2021

19mai23:30Dakidarría'Galicia Emerxe'23:30 Evento virtualEvento tipo:Música

Detalles do Evento

Un dos 50 concertos de artistas e grupos musicais galegos, de moi diferentes estilos, gravados no marco do ciclo ‘Galicia Emerxe’.

Os concertos do ‘Galicia Emerxe’ son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas ‘Noites Temáticas’ da G2  e, cada mércores, repiten cita ás 23.30h.

Os espectadores tamén teñen a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle da TVG os sábados ao redor das 10.40h. Unha vez finalizada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00h os sábados.

As bandas e solistas que actúan en ‘Galicia Emerxe’, todos eles artistas galegos profesionais, de calquera estilo musical, con domicilio fiscal en Galicia, foron seleccionadas mediante convocatoria aberta por unha comisión independente, propostas por axencias ou representantes con dedicación profesional a través dá plataforma de xestión galescena.gal

Os grupos e artistas que pasarán polo escenario de ‘Galicia Emerxe’ no Museo Centro Gaiás son, por orde alfabética: A Banda da Loba, Abraham Cupeiro, Alejandro Vargas, Ataque Escampe, Bala, Banda Crebinsky, Blanco Palamera, Boyanka Kostova, Budiño, Caldo, Dakidarría, De Vacas, Eladio y Los Seres Queridos, Faia, Familia Caamagno, Fernando Barroso, Furious Monkey House, Germán Díaz & Benxamín Otero, Ghost Beast, High Paw & Elephant Yards, Holywater, Laura LaMontagne & PicoAmperio, Luar na Lubre, Marcos Teira, Margarida Mariño, María Toro, Mercedes Peón, Mounqup, Novedades Carminha, Pablo Lesuit, Pauliña, Presumido, Rodrigo Romaní, Santi Araujo, Sés, Silvia Penide, Son Trío, Sumrrá, Susana Seivane, Talabarte, Tanxugueiras, Terbutalina, The Soul Jacket, Triángulo de Amor Bizarro, Uxía, Wöyza, Xan Campos Trío, Xoana, Xoel López e Zënzar.


Hora

(Mércores) 23:30

Localización

Evento virtual

Está pasando!