'Un piano romántico'

sáb11dec21:00'Un piano romántico'Pallavi Mahidhara21:00

Detalles do Evento

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía trae a unha virtuosa do piano para un concerto solidario en favor da Fundación Amigos de Galicia.

A intérprete Pallavi Mahidhara, de orixe hindú-norteamericano, ofrecerá un recital baixo o título “Un piano romántico” cun programa “sorpresa” que irá explicando a medida que avanza.

O recadado coas entradas das persoas non socias será doado integramente á ONG, pero quen o desexe poderá facer o seu donativo á entrada.

As entradas, que teñen un prezo de 18 euros, poranse á venda 2 horas antes no mesmo recinto.

Hora

(Sábado) 21:00

Está pasando!