'De ellos aprendí'

dom13feb12:00'De ellos aprendí'El musical de los grandes musicales12:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

‘De ellos aprendí’. El musical de los grandes musicales, ten a súa orixe nun acontecemento inesperado na Illa de Motunui, onde Vaiana, que será o personaxe condutor do musical, ten a primeira oportunidade de liderar ao seu pobo. Para iso é guiada polo sabio espírito da súa avoa Talla, que a conducirá por unha gran viaxe, a través de máxicos contos, que lle axudarán a ser a gran líder que o seu pobo necesita.

E serán escenas e personaxes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel ou La Bella y la Bestia os que irán aparecendo en escena como protagonistas deste musical, no que grazas aos valores e coñecementos que aprenderá deles, Vaiana conseguirá que a súa avoa Talla, así como o seu pobo, sentan moi orgullosos da líder na que se converteu.

Os nove actores, bailaríns, e cantantes con todas as voces en directo, arroupados por unha gran escenografía acompañada de proxeccións e un cuidadísimo vestiario, darán vida a un dos grandes musicais do ano, que sen dúbida emocionará a todas as familias.

Entradas desde 15,75 euros á venda en teuticket.com


Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!