'Descubre Moaña no verán': Canteiras do litoral de Moaña

dom31xul10:30'Descubre Moaña no verán': Canteiras do litoral de MoañaRutas guiadas gratuítas por moaña10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña, en Meira, e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila.

Descubriremos interesantes historias, vivencias e anécdotas das canteiras do Cocho, o Arroás, a Laxe, o Latón e a Borna e coñeceremos o significado dalgúns termos ben curiosos que se empregaban na xerga propia dese gremio como “romper pedra”, “tocar fuegho” ou “facer uns tiros”.

Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

Descubre Moaña no verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, e ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada,“A Poza da Moura de Domaio“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


 

Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!