Descubre Moaña no verán: 'Intermareal de Tirán'

sáb13ago10:30Descubre Moaña no verán: 'Intermareal de Tirán'Rutas guiadas gratuítas por moaña10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Desde o adro da Igrexa de San Xoán de Tirán, convertido nun espectacular miradoiro sobre a Ría de Vigo, baixaremos á praia para ver, tocar e coñecer as especies que alí habitan, como ourizos de mar, peixes pipa, chocos ou os simpáticos ermitáns.

Na praia de Videira, aprenderemos a diferenciar as cunchas das distintas especies de moluscos que podemos atopar nesta zona tan rica da nosa costa e finalmente na praia de Niño do Corvo, centrarémonos noutro dos atractivos da costa de Tirán como son as rochas vaugneríticas, de incalculable valor xeolóxico.

Unha ruta moi interactiva, axeitada para toda a familia, e da que seguro que os asistentes, sobre todo os máis pequenos, sairán sabendo moitas curiosidades sobre a vida mariña e a biodiversidade do lugar.

Descubre Moaña no verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.

As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, e ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada,“A Poza da Moura de Domaio“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!