Desfile de Entroido na Guarda | © Concello da Guarda

Desfile de Entroido 2023 da Guarda

mar21feb17:30mar23:50Desfile de Entroido 2023 da GuardaConcello da Guarda17:30 - 23:50 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O Desfile do Martes de Entroido 2023 na Guarda celebrarase o martes 21 de febreiro e partirá ás 17:30 horas da Praza de San Bermardo (“Esquina Famosa”), co seguinte percorrido: praza de San Bernardo, rúa Galicia, avda. Rosalía de Castro e Alameda.

Os participantes deberán presentarse no lugar de saída nos seguintes horarios para a correcta organización da saída:

  • Entre 16.35 e 17:00 horas as carrozas e as comparsas que incorporen elementos móviles.
  • A partir das 17:00 horas o resto de comparsas e os grupos que non leven elementos móviles con motor.

En calquera caso, ás 17:10 horas deberán estar todos os participantes no punto de saída para poder iniciar o desfile con puntualidade. Os participantes que non cheguen en tempo quedarán sen opción á percepción económica.

Os interesados en participar no desfile poderán inscribirse a partir do vindeiro martes día 7 de febreiro e ata o luns 13 de febreiro nas categorías de Carroza, Comparsa ou Grupo. A inscrición realizarase no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

Os participantes poderán optar a compensación económica segundo a orde de inscrición nas diferentes categorías:

Categorías Descrición Axuda directa á participación
Carroza Grupo mínimo 6 persoas enriba dun ou varios móbiles representando unha temática común 290€*
Comparsa Grupo mínimo de 10 persoas que representen con acompañamento musical 230€*
Grupo Composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas 100€*
* Terán dereito ó cobro desta axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban, así como os 6 primeiros grupos. Ou en calquera caso ata esgotamento do crédito

 

  • Consulta as bases completas aquí
  • Descarga os formularios de inscrición aquí

Hora

(Martes) 17:30 - 23:50

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!