outubro, 2021

Detalles do Evento

O martes 19 de outubro, o Teatro Principal de Pontevedra acolle ás 20:30 horas, a proxección do filme Documenteur (Documentira), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Agnès Varda, 1981, 63 min, Francia, VOSE

Lingua orixinal: francés / inglés

Emilie é unha muller francesa que acaba de divorciarse e que procura un lugar onde vivir co seu fillo de 8 anos en Los Angeles. Logo de atopar unha residencia, Emilie comeza a recuperar mobles usados para o seu novo fogar, onde leva unha vida solitaria e dedicada ao seu fillo.

Documenteur fíxose inmediatamente despois de Mur murs, e aínda que diferentes, os dous filmes están entretecidos de maneira complexa. En palabras da propia Varda «Mur murs trata da Arte como expresión colectiva da Vida; Documenteur da Vida como expresión persoal da Arte da Vida». Xuntas forman un marabilloso díptico sobre a cidade de Los Angeles.


O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!