'Cris, pequeña valiente' en Pontevedra

dom02out18:30'Cris, pequeña valiente' en PontevedraDomingos do Principal18:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A compañía El Espejo Negro (Andalucía) porá en escena a obra ‘Cris, pequeña valiente’, dentro do programa Domingos do Principal.

Esta é a historia da pequena Cristina, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno… Ela nunca se sentiu neno. Desde sempre se sentiu nena e así llo fixo saber a súa nai e o seu pai desde moi pequeniña.

Cris, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, alegre e intelixente, que loita polo seu dereito para ser a persoa que é e sente. Desexa ter un futuro repleto de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse, como calquera outra nena da súa idade.

Espectáculo de monicreques recomendado a partir de 6 anos e ata os 106, adicado a todas as persoas transxénero do mundo e gañador dos premios Max e Feten ao Mellor espectáculo infantil.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!