'Dreaming Juliet''

dom14nov18:00'Dreaming Juliet'''Tornar ás táboas'18:00 Pazo Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

A compañía Elefante Elegante porá en escena a obra ‘Dreaming Juliet’, dentro do ciclo ‘No outono, teatro’, que acolle o Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

‘Dreaming Juliet’ inspírase en “Romeo e Xulieta” de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor.

Na peza orixinal, os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado polas familias de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final. Agora imaxinemos que Romeo e Julieta non morresen e que o principal obstáculo á súa relación non fose a oposición das súas familias se non as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.

Organiza: Fondo Xacobeo 21-22, Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de entradas no teléfono 986 727 936.


Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Pazo Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3, 36960 Sanxenxo

Está pasando!