abril, 2021

13abr20:00Dúo Nedabora & Rejas"Nas Ondas 2021"20:00 Auditorio Martín Códax, VigoEvento tipo:Música

Detalles do Evento

O dúo Nedabora & Rejas, formado por Grigory Nedobora (violín) e Patricia Rejas (piano) ofrecerá un concerto no Auditorio Martín Códax dentro da programación do VI Festival de Música e das Artes do CSMVigo “Nas Ondas 2021”.

Grigory Nedobora

Con 14 anos fixo o seu debut como solista interpretando o Concerto de Sibelius coa Orquestra Filarmónica de Kharkiv. Con 16 continuou os seus estudos no Conservatorio de Moscú con M. Glezarova e, posteriormente, no Instituto Gnesin de Moscú con V. Spivakov (violín) e V. Berlinsky (cuarteto).

Foi concertino da orquestra do Instituto Gnesin, antes de convertirse no membro máis novo da orquestra “Virtuosos de Moscú”. Desenvolveu unha extensa actividade solística, interpretando concertos de Bach, Bruch, Brahms, Sibelius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores H. Rilling, A. Ros Marbá, M. Zumalave, C. Konig ou O. Janko. Dende 1996 é principal de segundos violíns da Real Filharmonía de Galicia e profesor na EAEM en Santiago de Compostela.

Patricia Rejas
Comenza os seus estudos musicais aos cinco anos no CPM de León. Continúa os seus estudos superiores no CSM de Oviedo con Mª T. Pérez e na Escola Superior de Música J. Guridi de Vitoria con A. Nieto onde obtén os Títulos Superiores de Piano e de Música de Cámara.

Interesada na interpretación histórica, ingresa no CNR de Paris para perfeccionarse no estudo do fortepiano baixo a dirección de Patrick Cohen. Participou en festivales e recitais en toda Europa. Na actualidade é catedrática no CSM de Vigo e é doutora pola Universidade de Vigo.

PROGRAMA

J.S. Bach (1685-1750) Sonata BWV 1017

I. Siciliano. Largo
II. Allegro
III. Adagio
IV. Allegro

J.S. Bach Sonata BWV 1016

I. Adagio
II. Allegro
III. Adagio ma non tanto
IV. Allegro

J.S. Bach Sonata BWV 1014

I. Adagio
II. Allegro
III. Andante
IV. Allegro


NAS ONDAS 2021

O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VI Festival da Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 3 de marzo e o 1 de xuño de 2021. A pesar dos condicionantes que a pandemia causada pola COVID-19 nos impón, NAS ONDAS ofrece nesta edición unha programación igual de variada e interesante que en anos anteriores.

NAS ONDAS 2021 posúe un total de 37 eventos, gratuítos e abertos a todo o público en xeral. A maioría son concertos, pero tamén conta con destacados relatorios e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De Piano, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.

Ao longo dos meses que abarca o Festival, as formacións académicas do CSMV, alumnado e profesorado formarán parte dun programa de actos e concertos nos que tamén contaremos coa presenza de destacados músicos convidados, como é o caso do clavecinista Alejandro Casal, o percusionista Noè Rodrigo ou os compositores Salvador Brotons e Juan Durán.

NAS ONDAS 2021 pon de manifesto o dinamismo do CSMV, o seu interese e compromiso coa cultura en tempos de pandemia e, sobre todo, a vontade de ofertar á sociedade que o rodea unha programación musical de calidade que amose a excelencia do traballo desenvolto pola súa comunidade educativa.

NAS ONDAS 2021 debe a súa existencia ó patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia así como do Concello de Vigo a través da súa área de Cultura.

Programa “Nas Ondas 2021”

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo

Está pasando!