'El abrazo', de Christina Herrström en Pontevedra

xov19mai20:30'El abrazo', de Christina Herrström en PontevedraTempada de Abonos Afundación20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 19 de maio, o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acolle a representación da obra ‘El abrazo’, de Christina Herrström.

«Interesante relato que se desliza entre a realidade e o onírico con gran destreza»

  • Autora: Christina Herrström
  • Versión e dirección: Magüi Mira
  • Reparto: María Galiana, Juan Meseguer, Jimmy Roca
  • Produción: Pentación Espectáculos
  • Duración: 1 h 35 min
  • Idioma: Castelán
  • Idade recomendada: +14 anos

Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando.

Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible?

Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.

Prezo: desde 20,00 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!