xaneiro, 2023

Detalles do Evento

‘El Cascanueces’, coa xenial música de P. Tchaikovsky, espectacular escenografía de Eugeny Gurenko e magníficos solistas de prestixio mundial, é unha inesquecible Festa Do Nadal.

Durante a fantástica noite de Nadal que vive Marie, grazas á maxia de Drosselmeyer, no seu soño a protagonista presenciará a batalla dos malvados ratos e os soldaditos de chumbo, o seu xoguete Crebanoces converterase nun belo príncipe, e xuntos a través das terras nevadas aparecerán no Palacio Máxico, onde os seus xoguetes cobrarán vida e todos xuntos gozarán dunha festa inesquecible.

O Ballet Clásico Internacional, dirixido por Andrey Sharaev e en colaboración co Royal Czech Ballet, é unha produción de Tatiana Solovieva Producións, unha empresa que se caracteriza por querer compartir con España os espectáculos máis belos que existen, sempre da mellor calidade e co maior respecto e coidado dos detalles. As producións levan recibindo desde hai 30 anos premios, entre os que destacan o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza de 2013, 2015 e 2018 do Teatro Rojas de Toledo e o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza de Vigo 2008, elixidos por votación popular.

Entradas anticipadas á venda dende 20 euros en Ataquilla.com


Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!