'El sueño de la razón', de Bueno Vallejo en Pontevedra

ven21out20:30'El sueño de la razón', de Bueno Vallejo en Pontevedratempada abonos Teatro Afundación Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcada na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra,  a Obra Social de Abanca trae o venres 21 de outubro ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra ‘El sueño de la razón’, de Bueno Vallejo.

«Cando a razón se deixa ir nun país, os seus mellores homes soñan esperanzas sen deixar de razonar»

1h 40 min | Castelán | TP

Se unimos o título de Buero co cadro de Goya en que se inspirou: ‘O sono da razón produce monstros’, decatámonos do poderoso paralelismo coa actualidade.

A perda do pensamento racional fai da nosa sociedade un ser colectivo aparvado e somnolento. Por iso esta obra quere ser un canto á razón, á luz da mente que nos deixe ver a través da escuridade que provocan as mentiras e as verdades adulteradas.

Buero escribiu esta obra en 1970 para evitar a censura, ese monstro da razón que segue a amosar as súas poutas no século XXI.

O texto de Antonio Buero Vallejo estará interpretado por Ana Fernández, Chema León, Carlos Martínez-Abarca, Montse Peidro, Fernando Sansegundo e Antonio Valero, coa dirección de José Carlos Plaza.

Entradas anticipadas e abonos á venda en Ataquilla.com

Esta tempada enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obsectivo de contribuir a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Afundación convida a todas as persoas que asistan ás funcións a colaborar con esta campaña solidaria, doando productos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do teatro.

Descarga aquí o folleto programación Tempada Abono Teatro Afundación Pontevedra Setembro-Decembro 2022.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!