novembro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado no programa Domingos do Principal, a compañía Caramuxo Teatro (Galiza) porá en escena o domingo 6 de novembro o espectáculo de teatro e danza ‘Ela’.

‘Ela’ crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.

Unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. un poema plástico para gozar en familia.

Recomendado a partir de 4 anos e público adulto.

Duración aproximada: 40 minutos

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!