abril, 2021

16abr(abr 16)19:3018abr(abr 18)19:30'Do pracer e da morte'A Feroz19:30 - 19:30 (18) Sala Ártika, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

‘Do pracer e da morte’ é, en esencia, retablo cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos da praga, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia chea de angueiras. O espectáculo conforma unha radiografía con vocación universalizadora, da humanidade ante as dúas grandes ansias da súa existencia: a satisfacción das paixóns e a fraxilidade da vida.

Tomando como guía a estrutura do Xardín das Delicias de EL Bosco, inxertamos nel ao Boccaccio do Decamerón cos seus claroscuros da peste e o amor. Atravesamos afoutas entre o pracer, a desolación, o medo, a morte, a ausencia de certezas sólidas nun planeta que se acaba con outros seres igual de fráxiles e incompletos…

Mentres os nosos corpos indagan nas dualidades gozo/dor, fe/desesperanza, virtude/vicio a palabra transita por unha ponte que une referencias e elementos dos derradeiros sete séculos coa nosa percepción actual do pracer e da morte. Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Datas:

    • Venres 16 de Abril de 2021 ás 19:30 h.
    • Sábado 17 de Abril de 2021 ás 19:30 h.
    • Domingo 18 de Abril de 2021 ás 19:30 h.

Idade recomendada: adultos

Duración: 90 min.

Prezo:

    • Entrada xeral: 14,00 €
    • Entrada anticipada: 10,00 € + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento) en woutick.es

Hora

16 (Venres) 19:30 - 18 (Domingo) 19:30

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!