'En su cabeza era espectacular' en Vigo

sáb23abr20:00'En su cabeza era espectacular' en VigoPantomima Full20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O segundo show de Pantomima Full desde que son coñecidos. Nin eles imaxinábanse que os vídeos dun minuto ían dar para tanto.

Pero aquí están. Se che gustou o primeiro show de Pantomima Full, curraronse outro 100% novo para que poidas volver velos e non te sintas estafado.

É o mesmo rolo, dous rapaces odiando todo o que lles rodea e facendo sketches sobre iso.

Se te perdiches o primeiro show de Pantomima Full, que saibas que esta segunda parte enténdese perfectamente sen ver a primeira.

E se non sabes quen son Pantomima Full e tampouco sabes moi ben como acabaches lendo isto, vai ser difícil convencerche para comprar unha entrada cunha reseña.

Mellor pon “Pantomima Full” en Youtube e se che mola, xa volves aquí.

En definitiva, ir ver a Pantomima Full en directo é unha boa opción para botar o intre. Se non es de ir ao teatro, pois é unha noite que fas algo distinto. Non che cambia a vida, pero que clase de imbécil pretende cambiar a vida da xente cunha obriña de teatro.

Hai que ser pretencioso. Aquí vés, ris unha hora e pico, vas e segues coa túa vida de sempre. Para ben ou para mal.

E se che decepciona sempre poderás dicir que: ‘En su cabeza era espectacular’.

Espectáculo recomendado para maiores de 16 anos.

Prezo: desde 12,00 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!